RSS  |  Favorite 
Home  |  Artist  |  Album  |  Lyrics  |  Add Or Correct Lyrics  |  Forum
Vese voar
unha moura soidade
que vai xurdindo
baixo o solpor;

sombras que doan seu alento
e transforman o ar
nun incerto mencer;

voces que son
as pegadas dun tempo,
eco de doces
acordes de alalás.

Cando atoparemos
druidas envoltos
nos fumes das lubres
no bosque de Emaín;

e o val enfeitizado
polas sombras que ainda emerxen
da última noite,
noite de luar.

Soños galopando
xa rachan co silencio
e o vento asubía
acordes de alalás.
search Luar na Lubre - Dun Tempo Para Sempre Lyrics @ Google
search Luar na Lubre - Dun Tempo Para Sempre Lyrics @ MSN
search Luar na Lubre - Dun Tempo Para Sempre Lyrics @ Yahoo
search Luar na Lubre - Dun Tempo Para Sempre Lyrics @ AOL